Saudade no 17 de maio

manzalvos

Agora entendes.

Perto da noitiña, no solpor de xulio, ollabas dende a terraza: voltaban as vacas vagamente á corte para seren muxidas, voltaba o magote lixeiro, un río de lá, coma fuxindo do lobo; voltaba a xente coa ferramenta ao lombo, espalladoiras, sachas, machadas, engazos; algúns ficaban nas cortiñas a rega-lo millo ou as patacas.A rega-lo fruto. Voltaban as burras carregadas con herba verde dos segadeiros. Herbiña fresca. O ar era unha mistura amable de terra, auga, herba, vacas, ovellas e pementos fritidos en aceite oliva.

Agora entendes.

Ti eras un meniño con pantalóns curtos e mocos caendo do nariz, cun pau de castiñeiro na man convertido en Excalibur. Con feridas nos xeonllos de subires ás arbres a veres os nius. Un meniño que pasaba medo pola noite das pantasmas, dos aparecidos, da raposa, dos lobos, mouchos, coruxas, sapos e bruxas; demos, trasgos e diaños.

E todo fuxiu porque tempus fugit. Fuxiu o gando, fuxiu o lobo, fuxiu a xente. Tamén fuxiron as pantasmas. Non fuxiu a memoria, morriña dunha idade enteira que agarda no maxín. E a saudade é un salvoconducto cara á felicidade.

3 comentarios

  1. Vir

    Al fin de semana que viene, si los dientes de Centi nos dejan, estaremos allí, lo prometo.

  2. Joder, Duarte……Me ha “pegado” fuerte este texto. Mesmo até Nara ficou um pouco apertada pela saudade que você fala.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s